Bitácora corporativa de Hifas da Terra
A petición de muchos micólogos y aficionados, desde Hifas da Terra hemos querido dedicar un espacio en nuestro blog “Cogumélame” a dar a conocer todas las actividades que se realizan en Galicia en torno a la micología. Sois muchos los que acudís a Hifas da Terra, en busca de información sobre jornadas o cursos tanto de formación como de divulgación sobre el ámbito micológico.
Por tanto queremos animar a todos los concellos, asociaciones o cualquier institución a que nos envíen información de sus actividades con el fin de poder crear una bonita sección de Divulgación Micológica.
Inauguramos esta sección con el
“I Primer fin de semana micolóxico de Maside”
¡Á BUSCA DOS COGOMELOS DE MASIDE!
Entre o 20 e o 21 de novembro do presente ano, terá lugar no concello de Maside o I fin de semana Micolóxico ¡Á busca dos cogomelos de Maside!
Con esta novidosa iniciativa preténdese iniciar ós asistentes no mundo das setas e ensinarlles a distinguir as variedades que son comestibles das velenosas, para que, cos coñecementos oportunos, poidan aproveitar este produto tan abundante nos nosos montes e tan apreciado na cociña actual. Asemade, pretendese fomentar as relacións sociais, a cultura e o deporte ó aire libre.
O programa, que será moi práctico e ameno, está dirixido a persoas de tódalas idades, que poderán gozar de distintas charlas impartidas polo experto en micoloxía, Ricardo Mínguez, presentación de libros sobre micoloxía, saída ó monte a recoller cogomelos, análise e exposición dos exemplares máis comúns polas terras de Maside, talleres de cociña con cogomelos, presentación de empresas emprendedoras na comercialización de cogomelos e unha cea degustación, que terá lugar o sábado sobre as 21.00 h e que dará clausura as xornadas.
Ó remate do Fin de Semana Micolóxico entregaráselle un diploma a cada asistente. Asemade, ó longo das distintas actividades haberá varios agasallos para tódolos asistentes.
Por outra banda, aproveitando as Xornadas levarase a cabo o I Concurso Fotográfico “Cogomelos das Terras de Maside”, que terá como tema central destacar os valores
paisaxísticos, forestais, humanos, organizativos e culturais das Xornadas.
Asemade, desde o Concello de Maside tamén pensamos nos máis cativos e por eso
organizamos o noso “I Concurso de debuxo sobre setas”, orientado ós alumnos e
alumnas de Ensinanza Infantil e Primaria de tódolos centros públicos de Maside.
Os interesados poderán inscribirse gratis ata o 19 de novembro nos e-mails vivemaside@gmail.com, concello@concellodemaside.es, no teléfono 988 28 06 06 ou directamente no Concello (Praza maior, 1 Maside).
A inscrición dará dereito a:
- Asistencia ás Xornadas.
- Un receitario de cómo conservar e cociñar os cogomelos, elaborado por Daniel García
Fernández, veciño de Maside e Xefe de Cociña do Mosteiro de San Clodio.
- Agasallos sorpresa, cedidos polas empresas convidadas.
- Cea – degustación con cogomelos
Para poder asistir a cea – degustación de clausura das Xornadas haberá que abonar 5 €, no momento da inscrición ou o día da Presentación das actividades (20 de novembro).
Para máis información www.concellodemaside.es
Este es el blog de Hifas da Terra. Estamos especializados en la venta de setas de producción ecológica y productos micológicos.
Deja un comentario.